sábado, 14 de febrero de 2009

Gándara nos habla del arreglo del coche

Xa temos o coche arranxado

Vos dicía na última circular que o 23 de setembro tiveramos un terrible accidente cun coche que nos deran en xuño, que fora unha mala noticia e que a ver se era posible arreglalo porque prácticamente estaba novo. Houbo algo que daquela non vos dixen: a xente chorou por aquel coche como se fora unha persoa. Nunca vira eu un funeral así. O accidente occurriu en Kelongwa. Preto dalí temos 4 comunidades, o accidente foi a noitiña. En pouco tempo alí había máis de 800 persoas que choraban desconsoladamente. A viaxe para remolcar o coche accidentado desde Kelongwa a Kasempa (uns 65 kms), levounos 11 horas! Tivemos que parar en todas as aldeas onde temos comunidades e en todas elas o coche foi bañado polas bagoas da xente. Eu nunca vira algo así, nin me podía imaxinar que a xente reaccionara desde xeito.

Alí había mostra sinceira de dor polo ocurrido e de cariño hacia quen o usaba. Foi unha emoción fonda. Sen dúbida esas bágoas me fixeron máis consciente de que algo tiñamos que facer, porque con ese coche estamos axudando a leprosos e enfermos da SIDA cada semana, estamos visitando as aldeas máis remotas moi a miudo, estamos facendo un montón de cousas que sin él sería difícil, porque a misión ten 25.000 kms cadrados e cun coche só non damos abasto.

Queda nas mans de Deus repartir as bendicións para quen fixo posible que este coche se arranxara. A mín unha vez máis queda o darvos as gracias aos que fixestes que fora posible o arreglo, e no nome da xente da misión mostravos a alegría por tan xenerosa axuda.

Xosé Manuel Bernárdez Gándara
Kasempa
Zambia

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Viva Gándara!

Anónimo dijo...

!qué bien, estoy contentísima!

Anónimo dijo...

Yo admiro a Gándara